Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


31/5/11

Aviso !!!!!!

Ola a tod@s, procurade estar atent@s ó blogue, pois é posible que teñamos cambios nas quendas de recollida das cestas xa na próxima semana. De todolos xeitos vos enviarei un correo.
Lembrade que podedes consultar as quendas clicando na pestaña que pon "quendas de recollida" baixo a cabeceira do blogue

Por outra banda dar a benvida ó grupo a Luz, Paloma e Esther.

A miña cesta do 31 de maio de 2011

Cenorias
Leitugas
Brecol
Allos
Acelga vermella
Patacas
Ceboliñas
Pirixel
Cabaciños

17/5/11

A miña cesta do 17 de maio de 2011

Leitugas
Cenorias
Chícharos
Brecol
Allos tenros
Acelga vermella
Laranxas
Patacas
Cebolas
Espinacas

Fermosa como a morte que se invoca
exerces a beleza internamente
emocionando ás sombras máis letais e irrecductibles

descubrindo a presencia
de vestixios de vida
nas máis opacas ruínas
só cunha ollada abortas a ofensiva
da dor que se aveciña.
                                                               Lois Pereiro

8/5/11

Tirabeques

Os tirabeques (Pisum arvensis), , son unhas vainas da mesma familia e xénero cos chícharos, pero en lugar de ser cultivadas polas súas sementes, son as propias vainas as que se consomen.

Os tirabeques só se poden atopar durante unhas semanas ao comezo da primaveira (finais de marzo-principios de abril).
A semente ou legume que se esconde no seu interior é tan pequena, que a vaina é case completamente plana, algo máis ancha ca dos chícharos e dun longo similar.

Tatsoi

(Brassica rapa narinosa)

 

Acelga vermella

Rúcula

7/5/11

Colinabo

Pac choi

O Pak Choi, Pac choi, Paksoi ou Bok Choy é un vexetal oriental similar á acelga , pero é da familia das coles chinesas, o seu nome científico é Brassicca chinensis. Os principais países de cultivo do Pak Choi son China, Corea e Xapón, tamén se cultiva en Europa e América desde fai algúns anos.

De follas verdes e tronco esbrancuxado, este brote non é pechado a diferenza doutras coles chinesas brancas, ademais os seus valores nutritivos son maiores que os destas. Crece en forma de planta cunha altura de 40-50 centímetros, aínda que isto tamén depende da variedade, pois o Pak Choi Xangai é unha variedade máis pequena que ademais se caracteriza pola cor verde claro das súas follas.


O Pak Choi ten un sabor lixeiramente amargo, similar tamén á acelga, e o uso culinario é o mesmo, non recomendado para longas cocciones, resulta delicioso ao vapor, salteado, gratinado, en sopas ou en ensaladas.

Naturalmente atopámolo en moitos pratos orientais.

Unha receita sinxela e rápida, preparar as follas de Pak Choi cortadas e cocidas ao vapor durante 3 ou 4 minutos e aderezadas con salsa de soia e sementes de sésamo recentemente torradas, realmente moi rica.