Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


23/6/11

Listado provisional

  •  Na  próxima cesta poñeremos un listado dos teléfonos e correos electrónicos de tod@s para que no caso de querer permutar o día de recollida podamos contactar entre nos.

  • Por outra banda, tod@s aquel@s que teñades teléfono fixo facedemo chegar (neste momento teño os de Gloria e Manolo, Aina, Azucena e Marga e Tomás)
  • Fixen un primeiro listado provisional das quendas de recollida. Se alguén que está no listado non continúa coas cestas durante o verán ou prefire recollelas noutra data que envie unha mensaxe. O listado definitivo colgareino o Martes 28 de xuño como moi tarde, así que facedeme chegar canto antes as modificacións.

 Un saúdo.

21/6/11

AVISO URXENTE

Ola a tod@s, temos novas importantes:
  • Elia di que durante o verán non traerá as cestas, así que teremos que ser nos as que as recollamos. Ela ofrece traelas no verán pero cobraría o transporte.
  • Necesitamos con URXENCIA que @s que NON queredes continuar coas cestas durante o verán no lo comuniquedes pois faremos unha lista de recollida que funcionará dende o 5 de xullo (Idoia recolleralas o 28 de xuño).  Podedes enviar un correo a voucheaporverde@gmail.com indicando si continuades ou non.
  • Lembrade que a quen lle toque recoller as cestas si non pode ir ese día, ten que poñerse en contacto con alguén do grupo para intercambiar o día de recollida. En varias ocasións a persoa encargada de recoller as cestas non avisou e non estaba localizable o que provoca problemas que sempre ten que solucionar a mesma persoa.
Un saúdo a tod@s e estade atent@s o blogue e o correo para coñecer cando vos toca .

A miña cesta do 21 de xuño de 2011

Ceboliñas
Leitugas
Tomates
Cenorias
Pirixel
Xudias 

Cabaciños  

Alguén quere arándanos?

Elia ofrécenos arándanos, non os produce ela pero son de cultivo ecolóxico. Se alguén está interesado que chame a Elia por teléfono con tempo suficiente para que contacte co productor.

O precio dos arándanos é de 8 euros o kilo

19/6/11

INDIGNAD@S DA MARIÑA


O sábado 18 de xuño, reunímonos un grupo de indignad@s na praza do concello de Burela. Na asamblea tomáronse unha serie de acordos entre eles a creación dun blogue, cando esté en funcionamento publicarei o enlace.
O sábado 25 de xuño  as 17:00 no parque do hospital, teremos un grupo de traballo para a elaboración de pancartas aberto a tod@s.

A próxima asamblea será o día 2 de xullo as 20:00 na praza do concello de Burela .


11/6/11

INDIGNADOS DA MARIÑA

O día 18 de xuño as 20:00, os indignados da Mariña concentrarémonos na praza do concello de Burela.

6/6/11

Cambios na recollida

Si consultades as quendas de recollida de cestas, veredes que remata o calendario o día 21 de xuño. A razón é que a partir dese día será Elia a que se encargue de traer as cestas.
Foi necesario este cambio polo volumen de cestas que neste momento estamos movendo.
Idoia será a última en recoller as cestas, materemos o día e lugar de recollida pero de todas formas atent@s ó blogue.

Mais cestas

O próximo martes 7 de xuño, seremos tres máis no grupo, Luz, Paloma e Oscar. O martes vai Aina a recoller as cestas así que Aina, ten en conta co cargamento será maior. 
Como sempre LEMBRADE RECOLLER AS CESTAS BALEIRAS cando vos toque.
Estamos pendentes de que se nos una Esther, cando teña a confirmación aviso.

Karrikanta

Recordade que a Asociación de Consumo Ecolóxico KARRIKANTA con sé na Avenida Arcadio Pardiñas 137 xa ten formado o grupo de traballo para os pedidos.
A cuota anual de socio é de 20 euros. Se estades interesad@s enviade un correo a karrikanta@gmail.com

2/6/11

protesta contra o proxecto de mina de ouro

Veciños e ecoloxistas convocan unha concentración o 5 de Xuño, Día Mundial do Medio Ambiente as 12 horas, contra o proxecto de mina de ouro en Salave, concejo de Tapia, que destruiría unha ampla zona rural e o espazo natural dos lagos de Silva xunto á costa.