Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


29/9/11

OBRADOIRO DE INICIACIÓN Á BIOCONSTRUCCIÓN CON BALAS DE PALLA

DATAS:
Primeira parte: 15 e 16 de outubro
Segunda parte: 14 e 15 de xaneiro

CONTIDO: Construiremos un alpendre no xardín de 20 m2 e cuberta a unha auga con balas de palla, utilizando o sistema Nebraska, incluíndo a colocación de porta e ventá.

- A construcción con palla
- Cimentacións
- Estructura e cubertas
- Rebocos e acabados
- Cuestións legais

para mais información:  casa-pousadoira

27/9/11

16/9/11

Cambio

Ola!
 
Teño un somier de láminas de 150x190 da marca flex, body elástic que me interesa cambiar por algo, depende do que me ofrezan. Eu compreino en setembro do 2009. Está moi ben.
Saúdos.
 

Se alguén está interesado que envíe unha mensaxe a Luz

15/9/11

Acordos tomados na xuntanza

Na reunión do xoves 15 de setembro, acordamos:
  • Por petición de Oscar ( que é cesteiro) as "Non cestas" chalarémosmas bolsas.
  • A partir do mes de outubro, Elia traerá as bolsas (o luns pola tarde) e poderemos recollelas o martes a patires das 10 da mañá.
  • Cando recollamos a nosa bolsa, apuntaremos o noso nome e o número de bolsas que levamos nun papel que estará no taboleiro.
  • Como Elia le o correo todos os días, prefire que contactedes con ela vía correo electrónico.
  • Cando ingresedes os cartos enviádelle unha mensaxe a Elia  indicando o nome ,as datas de recollida das bolsas que pagades e a data do ingreso.
  • O próximo martes 20 de setembro irá Miranda a recoller as bolsas e a seguinte semana Azucena.
Se vedes algún erro ou falta algo avisade.

Aviso do Pedido a Biospirit

Lembrade  ata que cada quen pague a sua parte , non se fará o pedido

Contactar con Elia


A partir de agora, cando querades anular o pedido da bolsa de verduras facedeo preferentemente a través de correo electrónico enviándolle unha mensaxe a Elia ( enviarei o enderezo por correo).
A anulación farase como fecha límite o domingo. Se non queredes a bolsa pero non falades con Elia lembrade que teredes que pagala ainda que non a recollades.

5/9/11

Temos unha nova páxina de troco

Pedido a Biospirit (enviado por Elisa)



Cando recollades as cestas, veredes unha lista para anotar-se. Son produtos a granel e de prod. ecolóxica. Buscamos a opción mais económica. A proposta é fazer un pedico conxunto. Cada persoa anota as cantidades do que quere, faise un fondo, píde-se, fai-se o ingreso ao produtor ou proveedor, envian-nos a mercadoria, e cada un recolle cos seus envases, "autoservizo", revisando a sua conta.
Ademais, propomos o aceite de pipa de xirasol, ecoloxico e primeira presión en frio.
garrafa 5lts /15€  ou garrafa de 2lts/7,35€. Este pedimo-lo a Burgos á familia Becerril. http://aceitedegirasolecologico.blogspot.com
Tamén contactamos ca Coop de Calasparra
arroz semi-integral eco 1kg/2.58€