Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


14/2/12

A miña cesta do 13 de febreiro de 2012

Asamblea KARRICANTA

CONVOCATORIA ORDINARIA
Pola presente convócase a
1º asamblea trimestral do 2012 da asociación KARRICANTA para O DÍA 11 DE MARZO DE 2012, DOMINGO, ÁS 12 HORAS DO MEIODIA NO ECO MUSEO DE CERVO (TAMÉN COÑECIDO COMO CONCELLO VELLO)

Co seguinte ORDE DO DIA:

  • LECTURA E APROBACIÓN DA ACTA ANTERIOR
  • ESTADO DA XUNTA DIRECTIVA
  • ACTUALIZACIÓN DE SOCIOS
  • INFORME DO ESTADO DE CONTAS
  • IMPORTE DAS CUOTAS
  • MEMORIA E BALANCE DO ANO 2011
  • PROXECTOS PARA O 2012
  • LOCAL DE REUNIÓN E ALMACENAXE.

Prégase ós asistentes acudir con ideas, propostas, etc. e ós que non poidan asistir que as fagan chegar por algún medio, xa sexa arcaico ou moderno.

10/2/12

ENCONTRO KARRICANTA

encontro karrikanta asociación de consumo responsable da mariña
domingo 12 ás 12 horas na praza do souto de Cervo
recomenda-se levar asento, libreta,lápiz e ideas.
ben vidos muidos/as e animais de compaña
Proposta de debate no encontro
Evaluación da situación actual da Asociación.
Xestión de pedidos.
Propostas e proxectos.
Moitas grazas pola  túa atención

9/2/12

REDE DE SEMENTE

Desde a Rede de Semente chéganos esta información a compartir:
Ola a todos.
Infórmovos do que se acordou na xuntanza do pasado martes 17 de xaneiro da Rede de sementes de Lugo.
  • Organizar unha xornada de troco de sementes o luns 13 de febreiro no C.S. Vagalume, sito na Rúa Nóreas (Lugo).
  • A partir das 18:00 h os que poidamos iremos a preparar o encontro. Organización de sementes, da recollida de información, etc.
  • As 19:00 h comeza o encontro propiamente dito, onde se procedera a recollida e entrega de variedades de sementes locais.
  • Traer sobres feitos para levar as sementes.
Para axilizar o troco, e facer un mellor manexo da información acordamos que, antes da xuntanza, recoller toda a información valiosa das sementes que vaiades a traer, neste enderezo electrónico: redesementeslugo@gmail.com, podendo tomar como punto de partida a ficha que se adxunta. (ata o día 5 de febreiro).
Acordamos tamén, empregar este enderezo electrónico, a modo de taboleiro onde publicar as nosas demandas ou excedentes de sementes ou planteis.

A miña cesta do 8 de febreiro de 2012


2/2/12

Nutrición para a saúde

nutrición para a saude
charla informativa

Coa participación de
Mª DOLORES PÉREZ POMAROL
Master en Medicina natural pola Univ. Santiago de Compostela, Master europeo na Univ. De Vigo, Psiconeuroinmunología I en Vigo e Medicina evolutiva en Oviedo

ANA BELEN VIDAL RAMOS
Psicóloga e psicoterapeuta na Clínica La Paz e cos cursos de Psiconeuroinmunología I e II de Vigo


dirixida a todas as persoas interesadas na influencia da alimentación sobre a saúde e a evolución das enfermidades

Cervo luns 6 de febreiro
ás 19h
no salón de plenos do Concello


ORGANIZA: FARMACIA CABODEVILA
COLABORA: ASOCIACIÓN CULTURAL AIRIÑOS DO XUNCO