Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


30/4/12

Plataforma contra as fumigacións masivas dos eucaliptos

Salvemos as abellas de Galicia,
salvemos o noso futuro
 
Está previsto fumigar todos os eucaliptais de Galicia cun insecticida tóxico para as abellas que estará prohibido na UE a partir do 1 de agosto.
 
Debemos movilizarnos para salvar as abellas e o resto do ecosistema galego, sobre todo porque nos xogamos un equilibrio ecolóxico vital para a nosa supervivencia. Os promotores desta fumigación deben dar marcha atrás e retirar o plan. ¡Nin unha gota deste veneno debe caer sobre os montes galegos! Se queren loitar contra as súas pragas, que busquen métodos que non impliquen a morte da nosa agricultura.
 
Firma a petición:
 
 
Xa van mais de mil firmas enviadas!
 
Mais información en www.apiculturagalega.org / www.fumigacionsnon.org