Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


ACTAS das reunións

ACTA DE REUNIÓN DA ASOCIACIÓN “KARRICANTA
do 12-02-2012

En Cervo, sendo as 12:00 horas do dia 12 de febreiro de 2012, reúnese en sesión
extraordinaria convocados por Elisa a asociación “Karricanta” na plaza do souto, presidida por Nuria e coa asistencia dos membros seguintes: Elisa, Marga, Iolanda, Nuria, Luz, Cata, Azucena, Marcelino, Cielo, Henar e Xoel,co seguinte orde do día:

ORDE DO DÍA

  • EVALUACIÓN DA SITUACIÓN ACTUAL DA ASOCIACIÓN
  • XESTIÓN DE PEDIDOS
  • PROPOSTAS E PROXECTOS

DESENVOLVEMENTO DA SESIÓN

Primeiro punto:

Decídese convocar a asamblea ordinaria para o próximo día 11 de marzo, domingo, ás 12 horas en Cervo, nun local do edificio que era o antigo concello de Cervo, para tratar este punto e outros máis que se detallarán na convocatoria. Elisa encargarase de conseguir a solicitude para o local, Luz de firmala como secretaria provisional e de entregala no concello de Cervo. Tamén queda encargada de enviar a convocatoria por email ós actuáis socios con, como mínimo, 15 días de antelación.

Segundo punto:

Acórdase por unanimidade que a partir de este momento todos os pedidos se realizarán baixo o NIF da asociación. Abrirase unha conta nos próximos días en Nova Caixa Galicia, onde se aboarán os importes dos pedidos por adiantado e dentro da data sinalada polo encargado de realiza-lo mesmo. É moi importante que cando se realicen os pagos se poña no concepto o nome da persoa e  oproduto que se paga.

Está previsto que se realicen os seguintes pedidos:

1. ARROZ, encargada da xestión: NURIA

2. CARNE, encargada da xestión: CATA

3. COMERCIO XUTO, encargada da xestión: AZUCENA

4. QUEIXO DE CABRA, encargada da xestión: CATA

5. CÍTRICOS, encargado da xestión: MARCOS

Os pedidos serán xestionados en todo momento a través do foro do blog
VOUCHEAPÓRVERDE. As persoas que os xestionan poñerán nel información dos productos, prezos, prazo para os pagos etc. A data límite establecida para realiza-los pedidos será o 22 de febreiro. No caso dos CÍTRICOS será o 18 de febreiro.

Terceiro punto:

Elisa propuxo que Karrikanta colaborara con Airiños do Xunco para animar a que se cree un mercado de produtos orgánicos e de carácter local na Praza do Souto en Cervo, con una periodicidade semanal. Azucena encargarase de retomar os trámites.

12 de febreiro de 2012

A secretaria provisional: Luz Campo

Vº bon Presidenta: Nuria Torrado