Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


7/5/11

Pac choi

O Pak Choi, Pac choi, Paksoi ou Bok Choy é un vexetal oriental similar á acelga , pero é da familia das coles chinesas, o seu nome científico é Brassicca chinensis. Os principais países de cultivo do Pak Choi son China, Corea e Xapón, tamén se cultiva en Europa e América desde fai algúns anos.

De follas verdes e tronco esbrancuxado, este brote non é pechado a diferenza doutras coles chinesas brancas, ademais os seus valores nutritivos son maiores que os destas. Crece en forma de planta cunha altura de 40-50 centímetros, aínda que isto tamén depende da variedade, pois o Pak Choi Xangai é unha variedade máis pequena que ademais se caracteriza pola cor verde claro das súas follas.


O Pak Choi ten un sabor lixeiramente amargo, similar tamén á acelga, e o uso culinario é o mesmo, non recomendado para longas cocciones, resulta delicioso ao vapor, salteado, gratinado, en sopas ou en ensaladas.

Naturalmente atopámolo en moitos pratos orientais.

Unha receita sinxela e rápida, preparar as follas de Pak Choi cortadas e cocidas ao vapor durante 3 ou 4 minutos e aderezadas con salsa de soia e sementes de sésamo recentemente torradas, realmente moi rica.

No hay comentarios:

Publicar un comentario