Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


29/11/11

topinanbur ou agua turma

Tupinambo, Tupinambos, Pataca, Aguaturma, Alcachofa de Jerusalén, Criadilla de agua, Castaña de tierra, Marenquera, Ajipa, Batata de caña, Batata tupinamba, Papa de caña ... 


 O nome científico é Helianthus tuberosus e pertence á familia dos xirasois. A planta crecía silvestre en Nova Escocia, ata que un francés atopouna a mediados do século XVII e tróuxoa a Europa. Cando a presentou por primeira vez no mercado de París, os franceses bautizárona co nome de topinambour, o dunha tribo de indios traídos tamén de América que eran exhibidos como curiosidade xunto coa exótica hortaliza.

Os italianos, algo máis tarde, mostraron máis cordura e designaron ao tubérculo como girasole de Canadá, que está máis de acordo coa súa natureza botánica e co seu nome en lingua nativa: Kaischuc Penauk, que significa raíces de sol.

Foron os holandeses quen o cultivaron en cantidades importantes logo de importalo de Italia e puxéronlle o nome de alcachofas de Xerusalén. Alcachofas polo seu gusto, e Xerusalén como unha corrupción do nome italiano girasole. Con esta identidade pasou a Inglaterra, onde, a pesar de que pronto se descubriu o erro da denominación, seguiuse mantendo.

Na época victoriana estivo de moda unha sopa feita con tupinambú, que de acordo co hábito moi inglés de perseverar nos seus históricos erros, chamouse sopa palestina.

No hay comentarios:

Publicar un comentario