Lembra, novo blogue de karrikanta en www.karrikanta.blogspot.com


9/2/12

REDE DE SEMENTE

Desde a Rede de Semente chéganos esta información a compartir:
Ola a todos.
Infórmovos do que se acordou na xuntanza do pasado martes 17 de xaneiro da Rede de sementes de Lugo.
  • Organizar unha xornada de troco de sementes o luns 13 de febreiro no C.S. Vagalume, sito na Rúa Nóreas (Lugo).
  • A partir das 18:00 h os que poidamos iremos a preparar o encontro. Organización de sementes, da recollida de información, etc.
  • As 19:00 h comeza o encontro propiamente dito, onde se procedera a recollida e entrega de variedades de sementes locais.
  • Traer sobres feitos para levar as sementes.
Para axilizar o troco, e facer un mellor manexo da información acordamos que, antes da xuntanza, recoller toda a información valiosa das sementes que vaiades a traer, neste enderezo electrónico: redesementeslugo@gmail.com, podendo tomar como punto de partida a ficha que se adxunta. (ata o día 5 de febreiro).
Acordamos tamén, empregar este enderezo electrónico, a modo de taboleiro onde publicar as nosas demandas ou excedentes de sementes ou planteis.

No hay comentarios:

Publicar un comentario